




|
AXUNICA é unha ONG de cooperación para o desenvolvemento económico e social de los nicaraguanos. Foi no ano 88 cando a lucense Ana Mª Vila Montero decidiu ir vivir e cooperar desinteresadamente co pobo nicaragüense. Coa súa solidaridade e exemplo plantou a semente desta organización. Co tempo deixámonos contaxiar da súa ilusión, a semente xermolou e deu a luz a AXUNICA en 1996 para facer fronte ás demandas das comunidades nas que traballaba. Traballamos en Nicaragua prioritariamente, desenvolvendo proxectos sociais, productivos, educativos e de promoción á muller. Intentamos tamén sensibilizar sobre as inxustas relacións Norte- Sur, sobre os desequilibrios do desenvolvemento e das precarias condicións de vida nas que vive una amplia maioría da poboación. A formación, a loita pola xusticia, a denuncia social, a igualdade de sexos, a solidaridade, o traballo responsable e o compromiso son os pilares sobre os que se sustenta AXUNICA asumíndos como valores propios. Estes proxectos non serían posibles sen o esforzo do equipo de traballo e o apoio dos colaboradores |
